Wednesday 15 de May de 2024

Concello e Xunta impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Lugrís na rúa Olmos


A Consellería de Cultura prepara a incoación do expediente para declarar as pinturas como Ben de Interese Cultural, logo de recibir os informes realizados polo Concello para levalo a cabo

Búscase así darlles a máxima protección patrimonial baixo o interese común de garantir a súa integridade, a súa permanencia na cidade e o acceso público

O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos. A Xunta prepara a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a serie de murais utilizando tamén os informes desenvolvidos a este respecto polo Concello e que remitiu no día de onte logo de conversas entre ambas as administracións.

Representantes da Concellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Concello da Coruña estiveron en contacto nas últimas horas para traballar en común neste asunto, coincidindo ambas na súa relevancia e interese para A Coruña e para Galicia. Co obxectivo de impulsar dita declaración, a Consellería púxose en contacto co Concello para solicitar a documentación dispoñible, avaliar a declaración e avanzar na mesma. O Concello ofreceu a súa máxima colaboración para a conservación dos murais.

Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa están a analizar a documentaciónremitida por parte do Concello, que unirán á que xa ten o propio Goberno autonómico, co fin de proceder a incoar a declaración BIC deste conxunto do artista coruñés.

Deste xeito, búscase dar a máxima protección patrimonial a estas obras baseándose no seuvalor artístico e orixinalidade, tendo en conta ademais o interese común por manter as obras na cidade da Coruña, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntasno futuro, no marco do actual proceso concursal en marcha, así como a posibilidade de que sigan sendo públicas, garantíndolle o acceso á cidadanía en calquera situación.